Thursday 19 de September de 2024

Actividade Pickleball


Pequenos e maiores de Miño puideron probar a pasada fin de semana o novo deporte de moda: o pickleball. A actividade, que contou coa colaboración do Concello, atraeu a un bo número de participantes ao polideportivo miñense. Alí puideron probar a súa destreza nunha disciplina que combina elementos de tenis, pádel, bádminton e tenis de mesa. Ao finalizar o evento, o concelleiro de Deportes, José Manuel Pantín, entregou aos e as participantes un recoñecemento polo seu bo desempeño.